| IMAXE |
NOME DO RECURSO |
ORIXE |
 |
É-galego Curso multimedia de galego de nivel intermedio dirixido a falantes de castelán. Facilita a aprendizaxe autónoma, pero tamén serve de axuda complementaria para o ensino na aula. |
 |
 |
Atención a la diversidad Web temática dividida nas seguintes seccións: educación especial, logopedia, interculturalidade, atención domiciliaria, atención hospitalaria e orientación educativa. Inclúe tamén un foro. |
 |
 |
Interculturalidad Web temática dividida en tres seccións: a primeira, con información sobre un programa de aprendizaxe do castelán para alumnos estranxeiros; a segunda, con material para traballar o fenómeno das migracións con alumnos da ESO; a terceira, unha páxina web (intercultur@net) que promove a interculturalidade como modelo educativo. |
 |
 |
Leo lo que veo É un dicionario que ten por obxectivo facilitar a aprendizaxe de vocabulario e a comprensión lectora a alumnos de e. infantil , primeiro ciclo de primaria e -en especial- a aqueles que presenten dificultades de accesoá lingua española ou inglesa (por discapacidade auditiva, descoñecemento do idioma ou outros problemas que dificulten o proceso de aprendizaxe). |
 |
 |
Centro virtual Cervantes Espazo dedicado á difusión cultural. Na sección Aula de Lengua ofrece varios recursos de apoio á aprendizaxe do castelán por parte de alumnos estranxeiros, pero contén outros moitos materiais que amosan o variado e amplo acervo que compón a cultura do español. |
 |
 |
Clicknlearn Actividades en flash para a aprendizaxe de tres idiomas: francés (primaria e ESO), inglés (ESO e bacharelato) e castelán (para alumnos estranxeiros). |
 |
 |
Ondaeduca Páxina interesante para atender as posibles demandas e intereses de persoas con deficiencias auditivas, especialmente. |
 |
 |
Edualter Propostas pedagóxicas útiles para traballar a interculturalidade. Ideas que axudarán a profesores e docentes á sensibilización e comprensión do problema. |
 |
 |
Autismo Páxina sobre autismo. Recolle información sobre o xeito de afrontalo, bibliografía, información para os pais... |
 |
 |
Esclerosis lateral amiotrófica Asociación valenciana de esclerose lateral amiotrófica. Pretende ser unha axuda para as persoas que a padecen e para os seus familiares. |
 |
 |
Dislexia Páxina dedicada a informar sobre a dislexia. Podemos atopar unha clasificación da súa evolución dependendo da idade do alumno, amais de causas, diagnóstico e tratamento para axudar a pais e profesores na resolución deste problema. |
 |
 |
Acceso Páxina da Unidad de Investigación ACCESO adscrita ao Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universitat de València. Poderemos atopar información referente a cursos, experiencias e estudos da aplicación psicoeducativa das tecnoloxías da informacións e da comunicacións con persoas con discapacidades físicas ou sensoriais. |
 |
 |
Síndrome de Down Con esta páxina poderemos coñecer a evolución das persoas con sindrome de Down dende os primeiros meses de vida ata a idade adulta. Interesante para pais e docentes. |
 |
 |
Sistemas alternativos Información interesante para pais e docentes sobre a ensinanza de linguaxes alternativas ante as novas tecnoloxías. |
 |
 |
Semana de las culturas Webquest interesante como suxestión para traballar a interculturalidade |
 |
 |
Ratón visual ACCESIBILIDADE PARA MOTÓRICOS. Programa deseñado para persoas con dificultades motoras. Permite navegar por Internet e o acceso a todo tipo de recursos e materiais. Cómpre unha cámara web para o seu funcionamento sen necesidade de ningún outro periférico. Unha vez arrancado, o programa detecta automaticamente a cámara e o rato desprázase pola pantalla seguindo o movemento da cabeza. Para realizar os clic, dobre clic, etc. aparece un menú semitransparente cando non movemos o rato durante uns segundos. Tamén é posible facer clic mediante a voz. |
 |
 |
Aumentativa Páxina dedicada a diferentes sistemas alternativos de comunicación para persoas con deficiencias auditivas. Ofrecen interesantes buscadores de pictogramas, oracións e materiais didácticos interesantes para uso na escola e na casa |
 |
 |
Needirectorio NEEDirectorio é unha porta de acceso a recursos, páxinas web e información relacionada coa Educación Especial e as Necesidades Educativas Especiais. Artigos sobre investigacións, experiencias didácticas, de formación, de innovación educativa, etc. teñen cabida dentro deste portal. |
 |
 |
Jaws Utilidade de accesibilidade para persoas con discapacidades visuais ou motóricas. Lector de pantalla responsable de procesar todos os textos dos programas executados no PC e reproducilos en voz sintetizada. Jaws 5.0 é unha versión completa en castelán, pero os usuarios que non dispoñan de ningún tipo de autorización poderán empregalo en versión demostración de 40 minutos. Cada vez que queira usarse JAWS durante outros 40 minutos haberá que reiniciar o equipo. |
 |
 |
Cultura xitana Maj Khetane Recurso didáctico que axuda a coñecer a historia e mais a cultura xitana. Materiais elaborados pola Comisión de Educación para o Programa de Desenvolvemento do Pobo Xitano. |
 |